EstrangeR é a impresión da experiencia persoal de Yorgos Karailías como migrante voluntario de Grecia a

España. Estas dúas, xeograficamente opostas, fronteiras europeas e parte do continente entre ambas forman o

escenario dun roteiro transitorio e incompleto que, de algunha maneira, está en sintonía coa recente situación

crítica na Europa.

O proxecto artéllase en tres capítulos -Ansiedade, Crise, Sublimación- que serven como índices das subxectivas

alteracións psicolóxicas que xacen por tras do acto fotográfico e, a posteriori, como fíos narrativos de

fragmentos visuais de vida.

 21 4565