ACERCA DE

 _DSC3381

* VISIONS é unha idea orixinal de Zlick, localizado na praza de Santa María da Cidade Vella da Coruña,coordinado polo Colectivo 15001, colectivo dedicado á transformación do código postal 15001 a través da creatividade.

Consiste nun festival de proxeccións fotográficas de como máximo 3,5 min. de duración co duplo obxectivo de promocionar a fotografía como fermenta de comunicación e a Cidade Vella como esparzo de interacción social.

A primera edición tuvo lugar no 17 deagosto de 2013, proxectándose en catro espazos (Zlick, El Ambigú, A Casa Da Fariña e THE ROOM) 60 traballos das máis diversas temáticas e realizados por autores de diferentes perfís, quer profesionais, quer afeccionados.

Na segunda edición, celebrada no ano 2014, ampliáronse as sedes a 6 e foron acrecentadas actividades como o mercado de fotografía, unha palestra divulgativa e un atelier infantil.

Na terceira, celebrada nos días 22 e 23 de agosto de 2015, incorpóranse novas sedes, pretendendo desenvolver un novo programa de accións incluindo tres obradoiros gratuitos e novas actividades como ‘fotosecado’ e ‘fotobook club’.

Afiianzado o festival coma referencia no marco xeográfico galego, VISIONS procura a internacionalización do proxecto de cara a organización do evento en 2016, resolvendo así unha carencia real e recollendo a sensibilidade dun país ligado a esta disciplina por diferentes razóns históricas, entre as que se encontran, entre outras, as motivadas polos procesos migratorios.

Ademáis, e despois da experiencia xurdida, detectamos a posibilidade de convertir tamén o proxecto nunha oportunidade para a promoción da propia cidade, así tamén coma dos talentos individuais que crean a sinerxia urbana, a facilidade de integración en diferentes espazos, mantendo sempre os valores xurdidos na súa orixe: carácter popular e aberto, reivindicación e ocupación do espazo público, interacción de todos os axentes partícipes no campo creativo: expectadores, afeccionados, profesionais e mesmo do tecido divulgador. 

En definitiva, VISIONS é un proxecto en constante crecemento que fuxe do concepto estático e fica aberto á incorparación de novos formatos, a novas ideas e á participiación dos máis diversos axentes. 

cropped-11028025_878202052228977_2788141323540139695_n.jpg