BANDIA RIBEIRA

 

Bandia Ribeira que está este ano entre nos coma fotógrafa invitada do Visions, ten recibido o premio Luis Kasado de documentalismo o ano pasado (2015).
Após de rematar a súa formación en Cencias políticas e en fotoperiodismo vive, coma moitos outros xovenes, a experiencia do exilio económico e cultural do noso país de albañís e camareiros. Asentada no sul de Gales, os seus últimos traballos xiran sobre a era post-industrial e o seu forte impacto sobre as poboacións galesas do sul.
Moitas veces pregúntome ¿por qué hai xente que decide ser útil á Fotografía? ¿comprometerse nun esforzo por levala a onde é algo máis que un reflexo, que un conto? ¿Pode ser porque a fotografía non ofrece só a representación da realidade, senón que representa tamén un punto de vista que fala de sí propio polo medio de visións que se insertan no tempo e nos tempos? ¿Pode ser porque esta reflexión implícita encol do suxeito non deixa de ser liberadora para unha sociedade distorsionada pola propaganda concreta e masiva deste xeito de vida incerto noso, desta educación emocional incerta nosa? Aínda que a Fotografía documental nada máis seña liberadora por medio da catarsis da culpa e da saudade que estoupan diante dos anacos esfachicados de calquer paraiso que non foi máis alá dun proxecto finxido no teatro social que representa o drama do poder.
E é fronte a traballos coma os de Bandia Ribeira que me sinto diante dunha resposta.
 
Pep Paramos.

ATELIER DE INTRODUCCIÓN A FOTOGRAFÍA DOCUMENTAL  S20/  11-14 H 16-18 H

CENTRO CÍVICO CIDADE VELLA

Bandia Ribeira inpartirá un atelier de introducción a fotografía documental durante o festival , será o sábado 20 de Agosto en horario de 11 a 14 e de 16 a 18 horas:

Trátase de achegar o proceso creativo dos fotógrafos que traballan coa chamada fotografía documental a aqueles que non o coñecen, ou que teñen certo coñecemento da fotografía pero non desta disciplina en concreto.

A primeira hora faremos unha fase de investigación-inspiración na que veremos traballos de autores seleccionados e veremos que temas tratan e de que maneira. Despois, sairemos a tomar fotos e posteriormente realizaremos o proceso de edición, selección das imaxes e imprimiremos aquelas que máis nos gusten. Cada participante levará unha copia dunha das fotos que realizou durante o taller.

teredes máis información en breve, como todas as actividades do festival e gratuita,  neste caso si, as prazas estan limitadas a 10 persoas, e imprescindible contar con unha cámara fotográfica.

Para inscribirte podes contactar o festival en info@visionsfest.net