DA FOTO AO FOTOGRAMA

“DA FOTO AO FOTOGRAMA”

Obradoiro express de linguaxe audiovisual e fotográfica Ao longo do obradoiro analisaremos as distintas formas para construír unha imaxe mediante exemplos concretos de varios dos cineastas e fotógrafos máis relevantes do panorama nacional e internacional. Proxectaremos escenas de filmes e diseminaremos fotografías para desentrañar as tramas secretas que unen as dúas artes para así repensar as imaxes desde unha nova perspectiva e comprender que é o que nos contan e que ferramentas empregan para facelo.

Javier Trigales 

Guionista, xestor cultural e profesor de audiovisuais. Traballou de redactor e guionista en programas de TV como El Intermedio (La Sexta), e ‘Sé lo que hicisteis’ (La Sexta). Actualmente exerce como profesor de guión e cine para distintos museos e centros culturais e comisariou o ciclo de actividades “Cine/Fotografía: Contactos” para o MAC (Museo de Arte Contemporáneo da Coruña). É tamén programador e xestor cultural en diversas entidades, organismos e festivais. Do mesmo xeito, exerce a crítica cinematográfica para numerosos medios e publicou varios libros colectivos como “Cine XXI: directores y direcciones” (Ed. Cátedra) ou “Cine fantástico y de terror español” (Ed. T&B), de próxima aparición. Está a escribir a súa segunda longametraxe.

A Palestra de Javier Trigales será o sábado 20 as 20:30 horas , para inscribirte escribe un correo a info@visionsfest.net